L'Angurrienta é un restaurante e tenda gourmet que abriu en 2019, aínda que o pequeno equipo familiar que o xestiona ten unha gran experiencia: a nosa cociñeira María Eugenia Hauser e a súa parella José Manuel Bejarano, o corazón e o rostro do noso fermoso e acolledor establecemento, respectivamente.
Dirixido a quen non dispón de tempo, condicións ou coñecementos necesarios para cociñar cada día, ofrecéndolles unha dieta variada, saudable e equilibrada e unha experiencia sensorial en cada bocado.
Somos amantes da comida, por iso preparamos os nosos pratos con coidado, poñendo o corazón e a alma en todo o que facemos na cociña.
Especializámonos na preparación e venda de alimentos, así como na prestación de servizos de cátering para eventos privados, ofrecendo unha ampla variedade de pratos de cociñas internacionais, tradicionais e contemporáneas. Empregamos ingredientes frescos, de tempada e de alta calidade, garantindo que as nosas vitrinas estean abastecidas con pratos novos e variados cada día.
Ademais do menú diario dispoñible no noso restaurante, ofrecemos unha variedade de menús especiais ao longo do ano, dispoñibles para reservar en ocasións festivas como o Nadal, o Día de San Valentín, San Xoán, etc. Tamén traballamos cos clientes para crear menús a medida para celebracións especiais na casa, como aniversarios, despedidas de solteir@, ou calquera outra reunión familiar ou social.
Defendemos o uso responsable dos recursos, conscientes da natureza finita do noso planeta; por iso traballamos cunha ampla gama de produtos de orixe local e de quilómetros cero, que ofrecemos en envasado 100 % biodegradable e respectuoso co medio ambiente.